Expedición ós Alpes

Destino Mont Blanc

A Expedición

O ascenso ao Mont Blanc marcou un momento decisivo na traxectoria de 3CUMIOS.

Con 4.810 metros, é a cima máis alta dos Alpes e de Europa occidental.

Máis que unha simple montaña, é un símbolo do alpinismo universal, xa que a súa primeira ascensión en 1786 marcou o nacemento deste deporte. Aquela fazaña histórica, non só conquistou un pico senón que deu orixe a unha nova forma de entender a montaña: como desafío, ciencia e paixón.

Esta expedición foi unha experiencia intensa de preparación, traballo en equipo e superación nun entorno esixente e maxestoso. Representou non só un logro deportivo, senón tamén unha etapa clave na consolidación do proxecto e na construción do espírito colectivo que nos impulsa a seguir soñando máis alto.

Contacta con nós

Prensa e patrocinios

Email

3cumios@gmail.com

Teléfono

607 24 50 61

Síguenos nas nosas Redes Sociais!