ACCIONES
Compromiso 3cumios
Porque o verdadeiro éxito constrúese cando se comparte
A nosa expedición vai máis aló do desafío de alcanzar a cima: buscamos deixar unha pegada positiva nas comunidades que gardan estas montañas sagradas.
O noso obxectivo é levar material deportivo directamente ás escolas das comunidades locais máis desfavorecidas, mercando o material no propio país para contribuír á reactivación económica e ao desenvolvemento da zona. Unindo paixón pola montaña con accións que marcan a diferenza.
Queremos promover o acceso ao deporte coma unha ferramenta de crecemento, desenvolvemento, superación, solidariedade e cambio.
Agradecemos o apoio de todos e todas nesta iniciativa solidaria e destinaremos un 10% de todo o recadado a facer realidade este proxecto
Este xesto non só reflicte o noso compromiso co alpinismo responsable, senón que simboliza unha profunda convicción: o verdadeiro éxito constrúese cando se comparte.


Únete e colabora cos nosos proxectos de compromiso 3Cumios
En 3Cumios, queremos facer máis cos teus apoios. Co financiamento colectivo, podes sumarte a iniciativas que transforman realidades:
O teu apoio conta! Cada contribución, por pequena que sexa, fai camiño. A totalidade da túa axuda será un apoio máis para tentar cambiar as cousas.
Contacta con nós
Prensa e patrocinios
3cumios@gmail.com
Teléfono
607 24 50 61
Síguenos nas nosas Redes Sociais!