3CUMIOS

Expedición Huascarán 2025

“O verdadeiro éxito constrúese cando se comparte”

Qué é 3CUMIOS?

3Cumios é un proxecto que nace no corazón do rural galego co propósito de levar a Ribeira Sacra alén das súas montañas, conectándoa co mundo a través do montañismo e a ascensión a cumios emblemáticos dos cinco continentes.

Pero 3Cumios é moito máis ca unha asociación de montañismo: é unha ponte entre culturas, un camiño de superación persoal, un tributo ao espírito aventureiro e unha oportunidade para inspirar e transformar. Porque cada cumio agocha unha historia… e nós queremos vivila, sentila e compartila.

En cada ascensión, levamos con nós as raíces da nosa terra, o alento da nosa xente e o compromiso cun mundo mellor. Por iso, cada expedición vai da man dunha causa concreta —ligada ao medio ambiente, ás comunidades locais ou á educación— para que o impacto non sexa só na paisaxe, senón tamén nas persoas.

E nós quen somos?

Tres amigos unidos por una paixón inrrenunciable, a montaña o alpinismo e a escalada

Somos tres amigos da Ribeira Sacra —de Sober, Pantón e Monforte — unidos polos valores da montaña e pola certeza de que sempre se pode sumar, mesmo facendo aquilo que máis nos apaixoa.

Chamámonos José Manuel Prieto, Tomás Porto e Manuel Vieitez.

Tres nomes, tres cumios, tres retos que elevan a Ribeira Sacra   máis alá das montañas.

QUÉ HACEMOS

Compromiso 3Cumios (Coidado, Conservación, Conciencia)

Deporte, Territorio e Compromiso coa contorna

O noso enfoque que vai máis aló do reto deportivo. Cada expedición é tamén unha oportunidade para xerar impacto positivo no territorio, mediante accións solidarias con comunidades locais, e un compromiso activo coa natureza e a sustentabilidade ambiental e social.

Promovemos un modelo de montaña responsable, que coida da contorna e ponnen valor o patrimonio natural e humano.

Suma o Teu Gran

Únete e colabora cos nosos proxectos de compromiso 3Cumios

En 3Cumios, queremos facer máis cos teus apoio. Co financiamento colectivo, podes sumarte a iniciativas que transforman realidades:

O teu apoio conta! Cada contribución, por pequena que sexa, fai camiño. A totalidade da túa axuda será un apoio máis para tentar cambiar as cousas.

Queres colaborar?

ASÍ PODES AXUDARNOS

O proxecto 3CUMIOS busca sumar esforzos e apoios. Se compartes a nosa visión, podes colaborar como:

  • Patrocinador, achegando recursos para cubrir gastos loxísticos e solidarios.

  • Colaborador institucional ou educativo, axudando a difundir a proposta ou integrándoa en actividades formativas.

  • Voluntario ou embaixador, promovendo o proxecto na túa contorna.

A túa axuda fai posible que esta experiencia chegue a máis persoas.

Xuntos podemos subir moito máis que montañas.

Contacta con nós

Prensa e patrocinios

Email

3cumios@gmail.com

Teléfono

607 24 50 61

Síguenos nas nosas Redes Sociais!